UNHA PORTA CARA UN MUNDO MÁXICO

No marco do noso PDI "Maxia e Fantasía", o alumnado de todo o centro participou nunha fermosa exposición de decoración de portas, transformando as entradas das aulas en auténticas portas a mundos máxicos. Cada creación foi unha mostra de imaxinación, creatividade e traballo en equipo, facendo que o colexio se enchese de cor, personaxes fantásticos e escenarios de contos como dragóns, o Mago de Oz, o Rey Arturo, Mary Poppins, as historias dos irmáns Grimm, Alicia no país das marabillas...  





Dende a biblioteca quixemos agradecer a participación de todas as aulas, que puxeron moita ilusión e esforzo neste proxecto. Como recoñecemento, entregouse un diploma a cada unha das clases participantes e invitámolas a gozar dunha xornada de xogos máxicos na biblioteca do centro.


A biblioteca converteuse así nun lugar de encontro, diversión e imaxinación, onde seguimos abrindo portas a novos mundos a través dos libros, xogos e historias.

 Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible esta aventura máxica.












Comentarios