ENTRE BRUXAS E CURUXAS!
Con Noa, Jorge, e as súas familias.
Hai un par de semanas achegáronse á clase de 4 anos B os pais de Noa e Jorge. Nesta ocasión, contaron unha historia onde os protagonistas eran dúas meigas, un rei e un dragón. Que apropiada, xa que chegaba o Samaín!
Despois, os nenos e nenas convertéronse en meigas para facer un conxuro: demos, curuxas, sapos e bruxas... Deberon facelo moi ben, porque apareceron ollos e cabazas de chocolate, ósos, arañas...
Pero que ben o pasamos! Grazas, familia!
Comentarios