NO ANIVERSARIO DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE...


... nunca máis!

Revisando o catálogo da nosa Biblioteca atopamos o libro Nunca máis! A ollada da infancia. E decidimos que a súa lectura axeitábase de marabilla ó noso PDI deste curso.

O día 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige sufriu unha vía de auga durante un violento temporal na Costa da Morte. Mañán, 19 de novembro, cumpriranse dezaséis anos da fractura e afundimento do barco. Un accidente que, os que o vivimos, lembramos con infinita tristura polo desastre ecolóxico que supuxo; pero, tamén, con esperanza, pola marea branca que, dende todo o mundo, chegou para limpar a negrura.

Por estas razóns, durante as horas de ler da semana pasada fomos dando lectura a este libro creado pola rapazada que vivíu en primeira plana aquel drama. Moitos dos nenos de hoxe non coñecían o que alí acontecera. E damos fe de que quedaron impresionados e moi sensibilizados.




Comentarios