PREPARÁNDONOS PARA O DÍA CONTRA O MALTRATO
Tomando conciencia do que facemos e dicimos.
Aínda que o Día Internacional contra o Maltrato de Xénero se celebra o domingo día 25, esta semana, na nosa escola, estamos a prestar moita atención ó tema. E facémolo dende múltiples ópticas: dende a clase de Valores, dende o Equipo de Orientación, dende a Biblioteca. Toda ocasión é boa para incidir sobre un asunto que nos cuestiona como persoas e como sociedade.
Intentando vencellar o tema co noso PDI deste curso chegamos a reparar nas bruxas: eses seres que habitan os bosques dos nosos contos. Que sería un bosque sen bruxa? Bruxa mala, claro está. E por que non bruxos?
Tamén chegamos a falar de María Soliña, unha muller inxustamente acusada de bruxería que non tería padecido a persecución que padeceu se fora home.
Deste xeito, a fala e a poesía leváronnos a recoñecer que o maltrato é físico moitas veces. Sen embargo, outras é a linguaxe quen maltrata. Ser conscientes diso permitiranos eliminar eses usos discriminatorios e violento das palabras.
Na seguinte imaxe poderedes acceder ós vídeos seleccionados polo Departamento de Orientación: durante esta semana témolos visualizado e comentado nas diferentes aulas.
E nestoutra imaxe tedes o enlace á dinámica que seguimos nos diferentes niveis de Educación Primaria.
Estas imaxes recollen varios momentos das dinámicas desenvolvidas en 3º e 4º de Primaria.

Comentarios