FERMOSAS NUBES DE PALABRAS

A partir do Romance Sonámbulo, de Federico García Lorca. 

Como lembraredes, cando fixemos a actividade inicial do noso PDI deste curso (coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares) propuxemos crear nubes de palabras a partir da primeira estrofa do Romance Sonámbulo, de Federico García Lorca.

As diferentes aulas de Primaria comezan a entregar os seus traballos. Palabras fermosas mesturadas con moito gusto e creatividade.

Esta primeira foi creada polo alumnado de 1º de Primaria coa ferramenta Wordsalad.


Estoutras, coa mesma aplicación, creáronas os rapaces e rapazas de 3º curso de Primaria:






Polo de agora, as últimas son as de 6º de Primaria, que empregaron WordArt. Se premedes na seguinte imaxe accederedes ó álbum coas nubes deste grupo de alumnos. 


Comentarios