CÓNTAME UN CONTO!
Corre corre, cabaciña.
Coral, Ayla e Alba, alumnas de 5º curso de Primaria, foron as iniciadoras desta actividade que, coa colaboración do EDNL, desenvolveremos os venres. Trátase de fomentar a oralidade en lingua galega, valéndonos, para iso, dos contos que transcurren no bosque.
Nesta ocasión, tratouse de Corre corre, cabaciña. Como vedes polas imaxes (premede na seguinte para acceder ó álbum), a contada estivo tan ben preparada que os escoitadores (os nenos e nenas de 3 anos A) estiveron atentísimos.
Grazas, chicas. Esperamos máis contos!
Comentarios