DANDO COR A ROSALÍA














Na aula de 4 anos A. 

Nesta ocasión a cativada de 4 anos A quixo pórlle cor ó día dunha das nosas musas: Rosalía.

Mediante a aprendizaxe a través do asombro e o descubrimento os cativos atoparon espalladas pola aula diversas pezas dun mural que tiñan que compoñer. Deste xeito traballaron a atención, a coordinación visomotriz, a aproximación á lecto-escritura, a aprendizaxe cooperativa e a relación coa nosa contorna cultural.

Despois de moitas voltas lograron darlle a forma axeitada ó mural, ata compoñer un fermoso retrato de Rosalía creado Abi Castillo, unha  das artistas viguesas que estamos a traballar neste curso.

Logo quixemos encher de cor os pedazos dese puzzle mural para que decorase na nosa aula. A imaxe que encabeza este post é o resultado desta aventura. E aquí tedes o proceso: 






Comentarios