TAREFAS ROSALIANAS

 


En 5º curso de Primaria.

Na programación establecida polo Equipo Dinamizando a Convivencia, o alumnado de 5º foi o encargado de preparar o mural conmemorativo do Día de Rosalía que decora a entrada da escola. Pero non se tratou dun debuxo para saír do paso, senón dunha verdadeira tarefa que permitiu desenvolver un montón de competencias, e, sobre todo, coñecer mellor a vida e a obra de Rosalía. 

O primeiro, foi traballar, por parellas, un poema de Rosalía, identificando as palabras clave. Unha vez feito isto, elaboraron cadansúa nube de palabras empregando a aplicación Wordart




Os de 5º A tiveron que enviar á mestra a imaxe resultante empregando o correo electrónico, e redactando un texto para o corpo correcto e coherente. 

Pola súa banda, os de 5º B decidiron recitar. Aquí temos un exemplo do que fixeron. 


Así que... xa vedes! Competencia lingüística, competencia dixital, creatividade... todo en un!

Parabéns, chicos! (E profes)

Comentarios