ABRAZANDO ÁRBORES


Un fermoso traballo a propósito dunha lectura. 

O alumnado de 5 anos está a traballar este curso sobre o libro de Henrique Alvarellos titulado A nena que abrazaba as árbores. A lectura serviu para traballar a lectura, a escritura, os valores e o amor á natureza. Pero, sobre todo, serviu para pensar e para reflexionar. Proba diso é este caderniño que levaron para casa ó concluir o Segundo Trimestre. 

Premede na imaxe para ver o caderno completo. 


Parabéns, rapaces!

Comentarios

Blog de Quique Alvarellos ha dicho que…
Estouvos moi agradecido por escoller, ler e desfrutar coa historia de Lucía, Álex e o seu freixo. Un bico grande para todxs vós!
Quique Alvarellos.