XOGANDO A SER ESCRITORES
Polo Día do Libro.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo estes días moi atarefado xogando a ser escritores. Algúns deben de levar a escritura nas veas, porque os minilibros manuscritos pululan polas aulas coma formiguiñas ó chegar a primavera.
Para desenvolver esta tarefa, o Equipo de Biblioteca presentou ás titoras unha proposta de traballo que, resumindo, consistía en tres fases:
- planificación do conto
 - escritura e ilustración en formato papel
 - creación dun produto audiovisual empregando a app Book Creator
 
Para axudar mellor no proceso creativo, a proposta incluía un modelo e un exemplo de conto. 
Xa que os cativos traballaron en grupos cooperativos, desenvolvéronse as seguintes competencias clave: 
- comunicación lingüística
 - competencia dixital
 - aprender a aprender
 - competencias sociais e cívicas
 
Para ver como foi todo este proceso, premede na seguinte imaxe: 
Parabéns polo voso traballo, rapazada!



Comentarios