ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 

E co alumnado de 1º de Primaria. 

E, por fin, o 23 de maio, tivemos o noso último encontro con autores deste curso. E tratouse dun encontro de categoría: nada menos que Antonio García Teijeiro, que se achegou á escola para estar cos nenos e nenas de 1º de Primaria

Os cativos están a ler Honorato, o rato namorado. Namorado da lúa e da poesía. 

E da poesía de Antonio saímos, tamén, todos namorados. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. Unhas instantáneas cheas de emoción e interese. 


Grazas pola túa compañía, Antonio, e, sobre todo, pola poesía!












Comentarios