PALABRAS CREATIVAS


Seguimos os pasos de Pablo Otero. 

Escribir pode ser divertido. Por que non convertir as palabras en fermosos debuxos?

Seguindo as propostas de Pablo Otero estamos a desenvolver unha actividade que, na súa primeira edición, gustou moito ós cativos: debuxar palabras. 

A modo de exemplo, e para que o entendesen, propuxemos a palabra café. 



Unha vez comprendido o concepto, a cativada comezou a decorar, con moito interese, a súa palabra. 

Podedes ver o proceso e os resultados premendo na seguinte imaxe. 


Conseguiremos facer un alfabeto (ou un dicionario) de palabras creativas?

Comentarios