ESTIVEMOS DE CONCERTO

 

Cos Terribles de Donas

O pasado mércores día 11, no marco das celebracións co gallo do Día das Letras Galegas, estiveron na nosa escola Os Terribles de Donas. Unha formación de música tradicional que xa celebra este ano o seu 50 aniversario. 

En diversas sesións, todo o alumnado do centro participou nun evento que se caracterizou polo bo facer dos músicos e a participación da rapazada. 

Neste pequeno vídeo podedes comprobar que ben o pasamos. 


E, por último, compartimos algunhas instantáneas desta xornada tan fantástica. 







Grazas por entusiasmarnos coa música tradicional!

Comentarios