PROFE...! SÁCANOS UNHA FOTO...

... para que o vexa a miña nai!

Todos coñecemos a teoría do importante que é o xogo na idade infantil... Pero, ás veces, está ben mostrar as evidencias. 

A rapazada de 1º A segue cos obradoiros creativos. Un deles, o de construción

Ocorreu que os inicios foron complicados para algún grupo, xa que a rapazada disputaba e non se puña de acordo. E, sen embargo, conseguiron deixar atrás as súas diferencias e construír unha torre xigante... á que xa non lle chegaban para seguir colocando pezas!

Idea! E se a deitamos e a construímos en horizontal?'

Que mágoa que haxa que recoller. Profe! Sácanos unha foto e achégalla á miña nai, di Mario.

Pois aí está: a foto da obra final. E se premedes na seguinte imaxe poderedes ver as fotos do proceso. 




Comentarios