ENCONTRO ENTRE RAMÓN VEIGA...

 
... e a rapazada de 5 anos. 

Ramón Veiga, o autor de Miñoca e Coello, estivo na nosa escola, compartindo coa rapazada de 5 anos os segredos do seu libro, lectura que a ten entusiasmado este curso. 

Despois de ler o libro durante o segundo trimestre unha e mil veces, elaboraron un pequeno libriño no que fixeron un montón de actividades: escribiron o nome do autor, crearon un final distinto, inventaron outro título, completaron unha sopa de letras...

E despois de tanta preparación... por fin chegou Ramón! Contounos como xurdiu a historia de Miñoca e Coello, e presentounos outros libros escritos por el. Tamén nos propuxo varias actividades moi divertidas, como formar a nosa inicial con miñocas, ou completar as caras dos personaxes. 


Finalmente, firmou os nosos libros. 

Aquí vos deixamos a mensaxe que deixou no noso libro de visitas. 


Grazas, Ramón!


Comentarios