AS FAMILIAS SEGUEN A CONTAR

 

Na aula de 4 anos A. 

As familias da aula de 4 anos A seguen implicadísimas coa lectura. Nas derradeiras sesións acudiron á aula a mamá de Lúa e os papás de Xela. Pero tamén a familia ó completo de Lois (nai, tía, irmá, curmáns) e a tía e a mamá de Ernesto, que, ademais, son antigas alumnas do colexio. 

Moito conto contamos nestas sesións: 

      • Pipi caca
      • O coelliño branco
      • Os tres porquiños
      • A extraña familia
      • O Rei León
Mirade como gozamos da lectura premendo na seguinte imaxe: 



Comentarios