COAS FAMILIAS...

... seguimos aprendendo sobre a Prehistoria. 

As familias e a cativada da aula de 4 anos A estiveron a aprender, durante o mes de marzo, un montón de cousas sobre o seu proxecto: a alimentación na Prehistoria

Por este motivo, acudiron á clase a mamá de Breixo e o papá de Martina. A primeira aprendeulles a facer pinturas rupestres, iguais que as que aparecen nas covas prehistóricas. 

O segundo, facendo unha simulación, explicou como se acendía o lume naquela época: chascaban as pedras, coas chispas xeradas prendían os paus e, soprando, avivaban o lume. 


Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum completo de fotos. 


Grazas pola vosa colaboración, familias!


Comentarios