ENTREVISTAMOS A BRAIS GONZÁLEZ

 

Un grandísimo músico e compositor da nosa cidade. 

Despois de moitos meses de espera e preparación, por fin, hoxe, tivemos a sorte de ter a Brais González connosco na escola. Estivo realizando un obradoiro en compañía do seu compañeiro Blas Castañer co alumnado máis cativo de Primaria. E, aproveitando esta visita, durante o intermedio, catro alumnos e alumnas de 6º de Primaria estiveron na radio entrevistándoo. 

Cómpre dicir que, na clase de Música, os rapaces levan meses investigando sobre este veciño noso que se está a converter nun grande referente cultural. Froito desta investigación é a coidada selección de preguntas elixidas entre as moitas que se formularon. 

Como poderedes escoitar, a entrevista foi moi rica. Mágoa que durase tan pouco, porque falar con Brais é sempre unha gozada. 


Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver diversos momentos da entrevista.


Moitísimas grazas, Brais, por compartir connosco o teu escaso e preciado tempo. Moitos e merecidos éxitos!


Comentarios