PASEANDO CON DON PACO

Para coñecer camiñando a Francisco Fernández del Riego. 

Este ano 2023, o Día das Letras Galegas está adicado a Francisco Fernández del Riego, un dos meirandes promotores da cultura galega. E, aínda que naceu en Vilanova de Lourenzá, a vida de don Paco non se pode entender lonxe da cidade de Vigo. 

A cidade está plagada de lugares que homenaxean a súa figura: a pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a praza Francisco Fernández del Riego, a Fundación Penzol, a Casa Galega da Cultura, o antigo local da Fundación Galaxia, a praza de Compostela...

Queremos, convidarvos a todas as familias a coñecer, cos vosos fillos e fillas, a nosa cidade, mentres rastrexades a pegada de don Paco. Visitade este lugares emblemáticos e facede unha fotografía. 

Enviádenola por correo electrónico para poder publicalas no noso blog. Seguide estes pasos: 

      • E-mail a: biblionavia@gmail.com
      • Asunto: Paseando con don Paco
      • Indicade o nome e curso dos cativos e cativas

Imaxe: AUTOR DESCOÑECIDO. Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega. Do 26/11/2021 ao 07/01/2023. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.En Wikimedia Commons. Dominio público, 

Comentarios