PABLO OTERO NA NOSA BIBLIOTECA

Co seu obradoiro de escritura creativa. 

O pasado 22 de marzo tivemos na nosa escola unha visita moi especial: o marabilloso Pablo Otero achegouse á nosa biblioteca coa súa creatividade e a súa bonhomía para facer as delicias do alumnado do segundo ciclo

Canta creatividade agochada na rapazada, e canto aprenderon cos obradoiros propostos!

  • Pílulas creativas
  • Ideogramas
  • O bolso da miña avoa
  • Falsas entrevistas falsas. 
Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da xornada. 


E con este pequeno vídeo poderedes facervos unha idea de como bulía a creatividade nesas cabeciñas.


Grazas, Pablo!

Comentarios