25-N NA BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA

 

Lemos en múltiples formatos. 

Para conmemorar o Día Internacional contra o Maltrato, o Equipo de Biblioteca decidiu adicar a Hora de Biblioteca semanal a traballar sobre o tema. 

Para iso, seleccionamos diversos materiais e preparamos propostas didácticas orientadas ós distintos niveis educativos: 

  • Educación Infantil 3 anos: Maruxa, de Eva Mejuto. (Ver materiais neste enlace)
  • Educación Infantil 4 e 5 anos: O libro dos porcos, de Anthony Browne. (Ver material neste enlace)
  • 1º, 2º e 3º de Primaria: O teu corpo é teu, de Lucía Serrano. (Ver material neste enlace)
  • 4º, 5º e 6º de Primaria: Dálle unha bofetada! (Ver material neste enlace)
Con todo isto aprendemos unha palabra máxica: NON

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos destas xornadas. 




Comentarios