COÑECENDO O TÍTULO DO NOSO PDI
En Educación Infantil.
O alumnado de Educación Infantil tamén comezou as súas actividades na Biblioteca coñecendo o título do noso PDI.
Por aulas, achegáronse ós diversos espazos da Biblioteca. En cada un tiveron que identificar distintas emocións.
ESTACIÓN 1: Escaleiras de acceso á Biblioteca
- Proposta: Pintura. Reprodución do Guernica, de Picasso
- Emoción: Horror, morte
ESTACIÓN 2: Biblioteca
- Proposta: Lectura. Crocodilo namorado
- Emoción: Amor
ESTACIÓN 3: Biblioteca creativa
- Proposta: Cómic
- Emoción: Terror
ESTACIÓN 4: Aula Multisensorial
- Proposta: Música. Segundo movemento do Outono de Vivaldi
- Emoción: Tranquilidade
Por adiviñar as emocións, cada grupo recibiu as pezas dun puzzle. Xa nas aulas, descubrimos, unindo as pezas, o título do proxecto.
E logo, en grupos cooperativos, e utilizando a técnica do folio xiratorio, cada aula decorou unha emoción nun papel A3. Con estas obras de arte crearemos o noso mural do proxecto en Educación Infantil.
Se queredes gozar máis polo miúdo da actividade, podedes premer na seguinte imaxe.
Comentarios