NOVAS QUE EMOCIONAN
Obradoiro de prensa en 5º de Primaria.
Neste mes de novembro comezamos os obradoiros simultáneos co alumnado de 5º de Primaria: Cociña, Programación e Prensa. Hoxe imos falarvos deste último.
Que facemos neste obradoiro...?
Reunímonos na Biblioteca unha terceira parte da aula.
Nun primeiro intre, explicamos o obxectivo da actividade: elaborar un guión para facer un programa de radio.
Como material contamos con exemplares do Faro de Vigo, A Voz de Galicia e o Atlántico Diario da semana en curso.
Os alumnos divídense en tres pequenos grupos. Elixen un periódico e analizan os titulares na procura dunha nova orixinal que lles emocione.
Pasados dez minutos, cada parella - trío ten que contar ós demais que nova elixiu, explicando brevemente o seu contido e que emoción lles proporcionou.
Unha vez explicadas, descartamos unha delas.
Divididos en parellas ou tríos, dous equipos traballan sobre unha nova. O terceiro será o encargado de preparar a presentación e a conclusión do programa. Para desenvolver estas tarefas contamos cun guión.
As competencias que estamos a traballar son moitísimas: comprensión lectora, traballo en equipo, localización das ideas principais, expresión oral, expresión escrita en galego, competencia dixital...
O seguinte paso será gravar o noso programa de radio. Mentres tanto, co noso guión elaborado, reunímonos nunha "mesa de prensa" para aclarar as nosas intervencións.
Nuns días compartímosvos o noso primeiro programa. Mentres tanto, premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos.
Comentarios