NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...
... coñecemos o título do noso PDI.
A totalidade do alumnado de Educación Primaria participou na actividade organizada para coñecer o título do noso PDI deste curso: Emocióna-T.
Tratábase de situar os distintos espazos da nosa biblioteca e, ó tempo, identificar neles diversas emocións. Para iso, o alumnado debía "ler" as propostas que presentábamos a través de diferentes formatos.
ESTACIÓN 1: Escaleiras de acceso á Biblioteca
- Proposta: Pintura. Reprodución do Guernica, de Picasso
- Emoción: Horror, morte
ESTACIÓN 2: Biblioteca
- Proposta: Lectura. Crocodilo namorado (Primeiro ciclo de Primaria) - A estrela e o cabaliño (Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria)
- Emoción: Amor
ESTACIÓN 3: Laboratorio de experiencias
ESTACIÓN 4: Biblioteca creativa
- Proposta: Música. Segundo movemento do Outono de Vivaldi
- Emoción: Tranquilidade
Cada aula dividiuse en catro grupos que realizaban un percorrido polas diversas estacións e confluían na Aula Multisensorial. Cando o grupo identificaba a emoción que se propoñía, recibían como agasallo unha sílaba do título do proxecto.
Rematada a quinta estación, cada grupo recibía un encargo: representar nun folio cada unha das emocións vividas.
Con estas obras de arte crearemos o noso mural do proxecto.
Mentres, podedes gozar co noso álbum de fotos premendo na seguinte imaxe:
Comentarios