COÑECEMOS O MUNDO A TRAVÉS DA ROBÓTICA
Obradoiro en 5º de Primaria.
O mundo no que vivimos está plagado de sensores que nos facilitan a vida. Cousas que semellan máxicas, como que se acenda unha luz ó noso paso, teñen que ver cos sensores e o mundo da programación.
Para comprender cousas coma esta, durante o mes de novembro o alumnado de 5º curso de Primaria estivo a traballar nun obradoiro para programar un termóstato.
Para iso empregamos os M-Boot, os ordenadores abalar e o programa Scratch.
Neste enlace atoparedes os datos da tarefa proposta.
E premendo na seguinte imaxe accederedes á galería de fotos.
Comentarios