TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ESTÁ DE NORABOA!


Parabéns!

O noso PDI do curso pasado, Palabras que trae o mar, ven de merecer un premio no V Concurso de Traballo por proxectos organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Xa que este ten sido un traballo no que participou a totalidade da Comunidade Educativa, queremos darvos as grazas a todos, alumnado, profesorado e familias, pola vosa imprescindible colaboración e transmitirvos unha felicitación enorme.

Neste enlace achegámosvos o texto da resolución.

E se premedes na seguinte imaxe poderedes revivir todo o que fixemos.


E agora... a seguir traballando! Máis e mellor!


Comentarios

Vedelaiglesia ha dicho que…
PARABENS MESTRES, PEQUEÑOS É FAMILIAS!!! ASÍ DA GUSTO IR A ESCOLA!!!
SARA ha dicho que…
Noraboa por tanto traballo!
Maga Tomasa ha dicho que…
Graciñas, familia! Sen vós non tería sido posible!
Anónimo ha dicho que…
Parabéns!! Unha recompensa ben merecida!