TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ESTÁ DE NORABOA!
Parabéns!
O noso PDI do curso pasado, Palabras que trae o mar, ven de merecer un premio no V Concurso de Traballo por proxectos organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Xa que este ten sido un traballo no que participou a totalidade da Comunidade Educativa, queremos darvos as grazas a todos, alumnado, profesorado e familias, pola vosa imprescindible colaboración e transmitirvos unha felicitación enorme.
Neste enlace achegámosvos o texto da resolución.
E se premedes na seguinte imaxe poderedes revivir todo o que fixemos.
E agora... a seguir traballando! Máis e mellor!
Comentarios