ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

A través das redes. 

Ledicia Costas é unha das escritoras máis prolíficas e queridas polo noso alumnado. Esa foi a razón de que, o día 12 de maio, congregase a tres aulas en torno a tres lecturas diferentes: 

  • 2º de Primaria: Conexión Macarrón
  • 3º de Primaria: Os minimortos. Benvidos ao Outro Barrio
  • 4º de Primaria: Vampira de biblioteca
As circunstancias obrigaron a que o encontro fose virtual. Aínda así, motivador e ilusionante para a rapazada, que aínda que non puido agasallar presencialmente á autora, decorou a aula con debuxos sobre as súas lecturas. 


Deixámosvos aquí algunhas fotos do encontro. 

Comentarios