ASÍ FOI O NOSO DÍA DAS LETRAS

Intenso e emotivo. 

O Día das Letras ten sempre gran presenza na nosa escola. Sen embargo, o deste curso habería que enmarcalo con letras de ouro pola súa intensidade e vínculo emocional. 

Efectivamente: a quincena, ou o mes, quedaron curtos para a nosa celebración. Levamos festexándoo dende antes do Día do Libro, e remataremos a finais do mes de maio. E, neste tempo, tennos acompañado unha figura que, para os cativos, xa é como da casa: Xela Arias

Nunca antes víramos esta vinculación emocional co artista ó que se lle adica o Día das Letras. Talvez a xuventude da homenaxeada, talvez o ter camiñado polas rúas que camiñan os nosos cativos, talvez sentirnos Darío ou compartir as súas vivencias infantís cos anacos de Non te amola!... O caso é que Xela Arias xa é, só, Xela para os nosos cativos. 

Recompilamos aquí todas as accións desenvolvidas en torno a esta data: 

1. Investigamos

O alumnado de 4º de Primaria estivo a investigar de cara a participar no III Concurso de Podcasts de Radio na Biblio. Este traballo cooperativo serviu para elaborar o programa de radio definitivo e para informar ós cativos de 1º sobre a figura da autora homenaxeada. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/alfin-para-nos-alfin-para-eles.html

2. Informamos

3. Lemos

As Horas de Ler do mes de maio adicáronse á visualización de Anacos de Non me amoles! a nosa Homenaxe a Xela Arias. Estes anacos contaron coa colaboración de todo o alumnado e de diverso profesorado do centro.  

http://biblionavia.blogspot.com/search/label/Homenaxe%20a%20Xela%20Arias

4. Creamos

O alumnado de 5 anos creou marabillosos murais nos que sementaron galego arredor da figura de Xela Arias. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/homenaxeando-xela-arias.html

5. Ambientamos

O alumnado de 3º de Primaria foi o encargado de crear o mural cooperativo que decora o vestíbulo da escola. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/dia-das-letras-galegas.html

6. Xogamos

Cada mañá, na entrada, un breve e simpático concurso organizado polo alumnado de 3º de Primaria anímanos a coñecer a biografía de Xela Arias. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/o-concurso-do-ano.html

7. Publicamos a nosa revista

E como cada ano, o Día das Letras é a data elixida para publicar a nosa revista, na que se fai un pequeno resumo sobre o que aprendeu cada aula en torno ó PDI deste curso. 

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/publicada-revista-das-letras.html


Comentarios