SONO CUMPRIDO!


Ilustramos as paredes da Biblioteca


O curso pasado, o alumnado dos diversos niveis participara nunha acción que tiña por obxecto contribuír á decoración da nosa biblioteca. 

http://biblionavia.blogspot.com/2020/06/a-maga-tomasa-convidanos.html

Despois de todas as demoras impostas pola pandemia, por fin... os nosos fermosos debuxos xa relocen nas paredes. 

Neste proceso temos que agradecer a súa colaboración ó profesorado e alumnado do Obradoiro de Imprenta do Colegio Hogar, que fixo seu este proxecto e asumiuno con enorme entusiasmo e profesionalidade. 

Comentarios