O CONCURSO DO ANO


Que sabes de Xela Arias?

O alumnado de 3º de Primaria, como xa sabedes, foi o encargado de elaborar o mural conmemorativo do Día das Letras Galegas. Unha auténtica tarefa cooperativa na que todo o grupo estivo implicado e que rematou nun produto de relevancia social: o Concurso do ano.  Podedes comprobar todo o proceso premendo na seguinte imaxe. 



Ademais de aprender sobre a autora homenaxeada e de desenvolver as habilidades sociais, a rapazada traballou a expresión oral en lingua galega. 

E, como vedes nesta pequena mostra, os concursantes tiñan ben aprendida a lección. 


Fermoso espectáculo ó que asistimos cada mañá, na entrada!

Comentarios