ATENCIÓN, ATENCIÓN!

En 1º B investigamos!

Na última sesión na Biblioteca, a rapazada de 1º B atopouse cunha sorpresa. 

Como sabedes, recentemente desapareceu o bosque que estaba fronte ó colexio. Axiña construirán edificios. Pero, mentres tanto, andan as excavadoras a remover a terra. 

Nunha desas, os operarios atoparon tres esqueletos de animais. Pero como non tiñan tempo de investigar, pediron ós nenos e nenas de 1º B que pensasen de que animais se podía tratar. 

Así que, como ferramentas de traballo desta sesión, a rapazada contou con tres fotocopias e o seu razoamento

Antes de nada demos unhas instrucións: para averiguar de que animais estamos a falar debemos fixarnos en catro cousas: 

    • no cranio
    • na mandíbula
    • nas patas
    • na columna vertebral
Lembramos estas partes sobre o noso propio corpo. 

Logo situámonos en pequenos grupos cos tres esquemas. Neste contexto xurdiron cousas ben interesantes: 

    • Podería ser unha avestruz, pero en Navia non hai avestruces.
    • Podería ser unha cabra.
    • Podería ser un antílope, pero aquí tampouco hai antílopes. 
    • Este animal ten dentes de sabre. 
    • Podería ser unha cabra. Pero para ser unha cabra é un pouco grande. 
    • Talvez sexa un touro. Ou unha vaca. 
    • Claro. Debe ser unha vaca. Ten que ser moi grande, porque lin nun libro que as vacas teñen tres estómagos. 
Por último, en gran grupo, descubrimos de que animais se trataba
    • Unha galiña
    • Unha vaca
    • Un gato

Premendo nesta imaxe poderás acceder a outros divertidos momentos da nosa investigación.

Seguiremos investigando. Desta volta pasámolo fenomenal!

Comentarios