COCIÑANDO COA RAPAZADA DE 1º A
Que ben o pasamos!
Este mes, a rapazada de 1º A comezou a pasar pola cociña. O primeiro grupo preparou crema de acelgas e pizza de espinacas. Para iso empregamos produtos da nosa horta.
Se queredes repetir a nosa aventura, aquí vos deixamos as indicacións e as receitas.
CREMA DE VERDURAS
- Pelamos a cebola e cortámola en anacos grandes
- Lavamos o porro, o pemento, o apio, as verzas e as acelgas. Cortamos en anacos grandes.
- Pelamos as patacas e a cenoria. Lavamos e cortamos en anacos grandes.
- Botamos todos os ingredientes nunha ola.
- Engadimos sal e auga. Pomos a cocer.
- Cando a pataca e a cenoria estean brandas retiramos.
- Mesturamos co batedor.
- Engadimos o queixo en porcións.
PIZZA DE ESPINACAS
- Medimos a fariña e a auga. Botámolas nun recipiente.
- Engadimos sal.
- Mesturámolas ata obter unha masa que non pegue nin estea demasiado dura.
- Deixamos repousar a masa media hora.
- Separamos as follas das espinacas dos talos.
- Lavámolas e pómolas a cocer en auga.
- Cando a masa estea levedada estendémola nunha bandexa.
- Engadimos salsa de tomate.
- Estendemos as lonchas de queixo.
- Cando as espinacas estean cocidas, retirámolas da ola e picámolas coas tesoiras nun prato.
- Estendémolas sobre o queixo.
- Engadimos grans de millo doce.
- Rematamos engadindo queixo raiado.
- Pomos no forno sobre media hora.
Pero se che gusta máis a pizza básica, podes facela sen engadirlle nin as espinacas nin o millo.
Comentarios