VEN COMER Á COCIÑA DA TOMASA


Todo está riquísmo!

O segundo grupo de alumnos e alumnas de 2º B estivo esta mañá na cociña compartindo un tempo de tranquilidade, aprendizaxe e convivencia. 

Seguindo a nosa máxima, elaboramos pratos empregando produtos de tempada, principalmente procedentes da nosa horta. 

Hoxe cociñamos crema de leituga e fabas con xamón serrano

No seguinte vídeo a cativada exponvos os produtos e algunhas das tarefas que desenvolvimos. 


CREMA DE LEITUGA


O proceso que seguimos foi: 
    1. Lavamos a leituga, o pemento e os porros.
    2. Pelamos a cebola.
    3. Cortamos todo en anacos grandes e metémolos na ola.
    4. Pelamos a pataca. 
    5. Lavámola, troceámola e metémola na ola.
    6. Botamos sal e auga.
    7. Pomos todo a ferver.
    8. Cando a pataca estea branda retiramos todo do lume. 
    9. Mesturamos todo co batedor. 
    10. Engadimos dúas pezas de queixo en porcións. 
FABAS CON XAMÓN SERRANO


O proceso que seguimos foi: 
    1. Picamos moi finos a cebola e o allo.
    2. Debullamos as fabas. 
    3. Retirámoslles a pel coa unlla ou a punta dun coitelo. 
    4. Na tixola, pomos un pouco de aceite e fritimos a cebolla e o allo. 
    5. Engadimos o xamón en cadradiños. 
    6. Xa hacia o final botamos as fabas cun pouco de auga. 
    7. Deixamos facer un anaco (pero pouco, xa que as fabas están moi tenras).
Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. 


Agora xa podedes replicar os nosos pratos. 

A cativada estaba entusiasmada. Andrés dicía: Podiamos darnos de baixa no comedor e vir comer aquí. 

A cociñar!


Comentarios

Pp ha dicho que…
Felicitaciones por el obradoiro, nos encantó la idea.
Se nota que los niñ@s lo pasaron genial, gracias y un saludo.