A MAGA TOMASA CONVÍDANOS...
... a decorar a nosa Biblioteca.
Alá no primeiro trimestre a nosa Biblioteca comezaba a tomar forma. Unhas cores neutras para proporcionar paz e serenidade. Uns espazos amplos... pero talvez faltaba algo de calidez.
O Equipo de Biblioteca pensou que nada aportaría máis cor e calor que a creatividade do noso propio alumnado. Por iso, a Maga Tomasa escribiu unha carta a todas as aulas con esta proposta:
- Lede o libro que atoparedes no atril: A Meniña de libros. Esa meniña ben podería ser un dos personaxes que habitan na Biblioteca. Deleitádevos coa musicalidade das palabras e fixádevos na beleza das ilustracións.
- Deixade novamente o libro no atril: outros grupos terán que facer uso del.
- Agora teredes que facer a vosa propia ilustración sobre a frase que se vos entregue.
As frases elixidas foron as seguintes:
- Educación Infantil 5 anos: Naveguei mares de palabras
- 1º e 2º de Primaria: Poderemos perdernos en bosques de contos
- 3º e 4º B de Primaria: Este é o noso mundo que fixemos de historias
- 4ºA e 5º de Primaria: A nosa casa é o fogar da invención
- 6º de Primaria: Veño dun mundo de historias
Coas aportacións do alumnado organizamos un Concurso que ten como finalistas os seguintes traballos (ide premendo nas imaxes para ver os documentos completos):
Naveguei mares de palabras
Poderemos perdernos en bosques de contos
Veño dun mundo de historias
A crise da pandemia non nos permitiu elixir, polo de agora, gañadores. Aínda que... o veredicto do xurado será difícil. Non credes?
Comentarios