ADIVIÑA, ADIVIÑA...

... sobre que van investigar na aula de 3 anos B?

Antes do Nadal, a rapazada da aula de 3 anos B elixiu o nome da súa clase. Tratábase dun insecto que realiza unha importante laboura polinizadora na horta. Sabedes de que insecto pode tratarse? 

Un becho pequeno
que voa entre as flores
e ten as súas ás
de preciosas cores

Quén é?

Pois si. Os de 3 anos B son a aula das bolboretas, e sobre elas van investigar. Pero antes decoraron as bolsas dos seus traballos. Que bonitas quedaron!




Agora as familias están recompilando material para comezar a investigar. Estamos desexando ver os resultados!

Comentarios