ALGO ESTÁ A PASAR NO PATIO

Imaxes para retroalimentarnos. 

Hai dous meses cambiaron moitas cousas na fisonomía do patio, grazas a labor de moitos pais e nais da escola: o invernadoiro reubicouse, instalamos unha composteira, e da "noite á mañá" apareceron os bancais da horta.

Agora que as cousas comezan a dar os seus froitos queremos devolvervos a retroalimentación dos vosos esforzos: 

O composteiro xa empeza a estar cheo: 


No invernadoiro comezan a aparecer os sementeiros: 


E na horta medran as primeiras verzas: 


Que ledica compartir estas novas que son de todos e para todos!

Comentarios