AGROMANDO FOLLAS NOVAS

Así celebramos o Día de Rosalía. 

O Día de Rosalía converteuse este curso nunha festa da creatividade, da oralidade e da lingua. 

O Equipo de Biblioteca mergullouse na obra de Rosalía e seleccionou unha escolma de fragmentos relacionados cos produtos, os traballos ou as árbores da horta. 


Desta selección, cada aula elixiu o seu propio poema. 

Sobre plantillas de follas de abeleira, cada rapaz escribiu o poema elixido, e decorou ó seu gusto a folla. 





Logo, representantes de cada aula gravaron na radio o fragmento, como podedes comprobar neste post

O resultado desta gravación foi un programa de radio de dez episodios titulado Agromando follas novas



Finalmente, os brazos nús das nosas árbores foron cubríndose dun tupido follaxe. Mirade como medran!


E con este bosque de versos adornamos o fermoso cartel realizado polo alumnado de 5 anos para conmemorar esta data. 


Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver un montón de fotos deste bonito día. 


Fermoso Día de Rosalía!


Comentarios