QUEN VIVE AÍ?

Obradoiro sobre os seres compostadores. 

Ofrecido pola Deputación de Pontevedra, o alumnado de 6º de Primaria participou o pasado 27 de xaneiro nun interesante obradoiro relacionado coa compostaxe. 

Así, partindo dunha pequena porción de compost, a rapazada tivo que identificar os invertebrados presentes nunha composteira. Para iso empregaron lupas, microscopios e láminas. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis fotografías desta interesante actividade. 


Que interesante!

Comentarios