SOMOS AS XOANIÑAS

Os cativos de 3 anos A poñen nome á súa aula. 

Os cativiños de 3 anos A, xa antes do Nadal, realizaron a primeira actividade de cohesión grupal: elixir un nome para a súa aula. E que outro máis xeitoso que o deses preciosos insectos vermellos adornados de lunares negros?

Así pois, a aula encheuse de libros, peluches ou galdrumadas que tiñan como protagonistas ás xoaniñas. 

E como non: os traballos do trimestre viaxaron a casa nunha preciosa bolsa decorada por eles mesmos. Que divertido!


Podedes ver máis fotos premendo na seguinte imaxe: 



Comentarios