COMEZOU O NOSO OBRADOIRO DE LETTERING


Co alumnado de 5º de Primaria. 

Por fin, despois de moitas semanas intentándoo, poidemos comezar o noso primeiro Obradoiro de Lettering. Os afortunados foron un grupo de rapaces e rapazas de 5º de Primaria que, despois de tomar a súa merenda no patio, adicaron o seu recreo a practicar trazos na Biblioteca. 

Seica estaban tan enfrascados que semellaba que non había nenos. E tanto interese puxeron que non dubidaron en pedir plantillas coas que practicar na casa. 

Pero que contarvos se non hai mellor explicación que unha imaxe? Premede na seguinte para ver a colección de fotos da xornada. 
















Seguiremos practicando!

Comentarios