APROVEITAMOS O RECREO...

 

... para plantar semilleiros. 

A rapazada de 2º de Primaria está entusiasmada coa horta. Tanto que aproveitan o seu tempo de lecer para axudar ó profe Roi a plantar semilleiros e regar o que temos cultivado. 

Seica estiveron a plantar, entre outras cousas, cabazas, pementos e tomates cherry. Despois de regalos e ubicalos no invernadeiro, teremos que esperar un anaco para que dean froitos. Pero xa soñamos con eses sabores tan marabillosos. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver outras fotos da tarefa. 



Comentarios