CON RAMÓN VEIGA

Por partida dobre. 

O pasado 18 de abril contamos de novo coa visita de Ramón Veiga. Estivo toda a mañá pola nosa escola, compartindo Violeta ás agochadas coa rapazada de Educación Infantil. 

Quedou abraiado co marabilloso mural que creou a cativada e, ó remate da sesión, cansouse de firmar libros e libros. 

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos de Educación Infantil. 


Pero tamén a rapazada de 1º de Primaria puido gozar da compañía do autor. 

Nesta ocasión, a lectura elixida foi Miñoca e Ourizo. E a cativada tamén preparou un fermoso mural. 



A xuntanza rematou coa adicatoria que Ramón deixou no noso libro de visitas. 


Grazas, Ramón!



Comentarios