QUE RICA A NOSA TORTILLA DE FABAS!
Aproveitamos os produtos da nosa horta.
Esta semana comezou a quenda de obradoiros na aula de 2º B. O equipo que traballou na cociña estivo entusiasmado.
Comezamos por aprender algo de vocabulario en galego. Aquí tedes á rapazada amosándonolo:
E logo puxémonos mans á obra para preparar a nosa comida.
1. Lavamos a leituga e os tomates2. Troceámolos e pómolos nun recipiente3. Cortamos o queixo en tacos. Botámolo no recipiente4. Engadimos sal e aceite5. Mesturamos todo
- Pelamos a cebola. Picámola.
- Lavamos o porro e o pemento. Picámolos.
- Pelamos a cenoria e as patacas. Lavámolas e picámolas en tacos.
- Debullamos as fabas. Sacamos a pel das sementes.
- Botamos todos os ingredientes nunha tixola grandes, con sal e un pouco de aceite. Deixámolo fritir.
- Batemos os ovos.
- Cando todo estea frito, botamos o contido da tixola no recipiente dos ovos.
- Mesturamos.
- Botamos todo nunha tixola pequena, cunha pinga de aceite.
- Deixamos facer e damos a volta a tortilla.
Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da sesión:
Neste obradoiro falamos galego. E... que gratificante cando Naira nos di: "eu fíxenme o propósito de falar galego. O outro día na tele dixeron que os cativos non o falabamos".
Pois só por iso... o obradoiro prestou!
Comentarios