PAPARON TODO...
... e máis que houbese!
O grupo C da aula de 2º A participou no Obradoiro de Cociña esta semana. Que marabilla traballar cun grupo tan voluntarioso, tan educado, e, sobor de todo, cuns hábitos alimenticios tan ben adquiridos. Repitiron, repitiron... e máis que houbese!
O menú desta semana foi crema de cabaza e porros e revolto de allos tenros.
Estes son os ingredientes que empregamos:
E estes, os utensilios:
O proceso que seguimos foi:
CREMA DE CABAZA E PORROS:
1. Pelamos a cebola e a cabaza, e cortámolas en anacos grandes.2. Pelamos as patacas e lavámolas. Cortámolas en anacos grandes.3. Lavamos o pemento e os porros e cortámolos en anacos grandes.4. Pomos todos os ingredientes nunha ola con auga.5. Botamos sal e pomos todo a ferver.6. Cando a pataca estea branda pasamos todo polo batedor.7. Por último engadímoslle dúas pezas de queixo en porcións.
REVOLTO DE ALLOS TERNOS
1. Cortamos a flor dos allos ternos.2. Lavámolos e sacámoslle as barbas.3. Picamos os allos.4. Pómolos picadiños nunha tixola cun pouco de aceite e sal.5. Batemos os ovos.6. Botámolos na tixola e removemos cunha culler de madeira.7. Servímolo con pan.
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a fotos de todo o proceso: preparación, cociñado, colocación da mesa, fregado...
Comentarios