QUE SABOROSO!
Porque o fixemos nós!
O alumnado de 2º A rematou a súa participación no Obradoiro de Cociña. O derradeiro grupo preparou unha crema de leituga e arroz vexetal con produtos da nosa horta.
Estes son algúns dos ingredientes que empregamos:
Nestoutro vídeo poderedes aprender o vocabulario dalgunhas ferramentas e utensilios que empregamos para cociñar.
CREMA DE LEITUGA
1. Pelamos a cebola. Cortámola en anacos grandes.2. Lavamos o porro, o pemento, o apio e a leituga.3. Troceámolos.4. Pelamos as patacas. Lavámolas e troceámolas.5. Botamos todos os ingredientes nunha ola cun pouco de auga e sal. Pómola ó lume.6. Cando a pataca estea branda, apagamos, e pasamos a crema polo batedor.7. Por último engadimos dous queixos en porcións e volvemos bater.
ARROZ VEXETAL
1. Pelamos a cebola e picámola.2. Lavamos o porro e o pemento. Picámolos.3. Lavamos as acelgas e picámolas.4. Debullamos as fabas e retirámoslles a pel.5. Lavamos o tomate e troceámolo.6. Botamos a cebola, o porro, o pemento, o tomate e as acelgas nun wok, cun pouco de sal e unha pinga de aceite.7. Cando estea feito engadimos unha taza de arroz.8. Removemos.9. Engadimos dúas tazas de auga e deixamos ferver a forno forte.10. Cando xa estea bastante feito engadimos as fabas e mesturamos.
Comentarios