GOZANDO DAS HISTORIAS DE CHARO PITA

Obradoiro de Radio con 4º de Primaria. 

O alumnado de 4º de Primaria quedou entusiasmado co bo facer de Charo Pita, que se achegou á nosa escola para traballar as Xeografías máxicas. Historias que o tempo foi inventando para recoñecer e sinalar diferentes accidentes xeográficos, e que foron poboando a nosa imaxinación e o mundo de seres mitolóxicos. 

Charo encandilounos contando as historias de Hércules e Pirene, do Xardín das Hespérides e de Gerión. E aprendeunos a elaborar un guión radiofónico baseándonos nesas historias. 

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a distintos momentos do obradoiro. 

Agora, só toca esperar a gravación dos fantásticos programas de radio. Que ganas de escoitalos!

Grazas pola visita, Charo!

Comentarios