POESÍA COS CINCO SENTIDOS

Así celebramos o Día da Poesía. 

Co gallo do Día da Poesía programamos propostas sensoriais para os distintos ciclos de Primaria. 

Aquí recollemos o vivido polo alumnado de 3º de Primaria

No Espazo Sensorial estaban repartidas as distintas estrofas e versos da canción A miña tía (de Mamá Cabra). Por grupos, e atendendo ás rimas, a rapazada debía recompoñela. 

Premendo na imaxe que encabeza este post poderedes acceder ó álbum de fotos da xornada. 

A actividade remataba escoitando a canción e chequeando o traballo realizado. E, por suposto, lendo o resultado, tal e como podedes ver no seguinte vídeo. 

Comentarios