ALFIN PARA NÓS, ALFIN PARA ELES



Traballamos en torno á información con Xela Arias. 

Como xa sabedes, o alumnado de 4º de Primaria está entusiasmado facendo programas para Radio Castelao. E a convocatoria do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio supuxo un plus de motivación. 

Así que, en grupos de traballo cooperativo, puxéronse mans á obra: 

  • Primeiro, buscaron información sobre Xela Arias. 
  • Logo, elaboraron un guión, e cando estivo redondo, crearon a súa propia escaleta,  tecleándoa nun documento compartido. 
  • Por último, e despois de ensaiar, cada grupo gravou o seu propio programa

Aquí podedes escoitar os resultados: 


Xa que decidiramos que só unha gravación representaría a todo o grupo, actuaron como xurados o propio alumnado de 4º de Primaria e o Equipo de Biblioteca. A opinión foi unánime. 

Sen embargo, considerouse que o traballo de todos fora extraordinario, polo que decidimos facer unha nova versión do guión gañador no que se integrasen elementos doutros. E ese produto foi o que enviamos ó III Concurso de Podcasts. 

Aí rematou o traballo ALFIN para o grupo de 4º de Primaria

Sen embargo, estes pequenos podcasts serviron tamén como punto de partida para traballar noutros niveis. Así, descubrimos que, en 1º de Primaria, estes pequenos fragmentos foron empregados polas titoras co seu alumnado para traballar a comprensión oral e informarse sobre Xela Arias





Deste xeito, os podcasts de 4º de Primaria adquiriron relevancia social no propio contexto escolar. 

Magnífico traballo, e magnífico aproveitamento didáctico!

Comentarios