DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 


Un mural para xogar co alumnado de 3º.

Organizado polo Equipo Normalizando e Dinamizando a Convivencia, o alumnado de 3º de Primaria foi o encargado, nesta ocasión, de crear este precioso mural adicado a Xela Arias, a poeta protagonista do Día das Letras deste ano. 

Estes rapaces e rapazas son expertos en traballo cooperativo. Cooperativamente crearon o mural. E tamén queren que todos cooperemos para coñecer algo sobre a autora. 


Así que aí nos deixan o seu reto, que terá premio para quen se atreva a resolvelo: 


Queres ser ti o primeiro? Pois preme na seguinte imaxe e accede ás preguntas!


Comentarios